O Marmolería José Rey Xiria paga caro o seu mal inicio

Disputábase a 2ª xornada da 2ª división infantil masculina e o Marmolería José Rey Xiria recibía a visita do Arteixo Balonman. Os carballeses empezaban o partido moi relaxados e recibían un parcial de 2- 9 nos primeiros minutos de partido. Por fin no minuto 15 da primeira parte, o Marmolería José Rey Xiria consegue reaccionar  e salvar os mobles ata o descanso, chegando o marcador a 11-17.

Ao comezo da segunda metade xa se vía outra intensidade nos locais, que a base de traballo e esforzo conseguían poñer o marcador en 20-21. Terían a oportunidade de remontar pero dúas perdidas de balón seguidas levaron a diferenza a 3 goles. Despois non quedou máis remedio que arriscar e en entrar nese xogo, que poucas veces sae ben.
Deberán traballar para conseguir manter o ritmo e a intesidad de xogo durante todo o partido xa que visto a segunda parte estes mozos teñen potencial para competir contra calquera.

O Marmolería José Rei Xiria deberá esperar 2 semanas para visitar a pista do Balonman Culleredo, xa que a próxima xornada tócalle descansar.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Vila de Noia ante 100 seareiros. Colexiado: Gabriel Folgoso Capelo do colexio galego. Sen complicacións.

MARMOLERÍA JOSÉ REY XIRIA 28 ( 11 + 17): Pedro Pena [p], Daniel Regueiro [p], Manuel Varela, Paulo Collazo, Aaron Rodríguez, Javier Rodríguez, Carlos Varela, Fernando Mallo, Alejandro Santos, Pablo Esmorís, Brian Gómez, Antonio Calvelo, Diego Rodríguez.

PARRILLADA ARTEIXO BALONMAN 31 ( 17 + 14 ): David Bavusia, Iker Oyarbide, Mathias Veira, Manuel Gómez, Iago Prieto, Joao Victor Gomes, Brais Trillo, Hugo Martínez, Brais Blanco, Henrique Lourenço, Nicolás Vázquez.