O Calvo Xiria liquida a súa primeira final con amplitude ante o BUEU Atl. BM

Sen marxe de erro, así afrontaba o Calvo Xiria a penúltima xornada celebrada o pasado sábado 27 no Vila De Noia ante o Bueu Atl. BM.

Os carballeses non fallarían e despois dun inicio no cal os acertos defensivos non se materializaban en forma de goles na portería contraria debido a unha sucesión de erros de lanzamento, as cousas comezarían a asentarse e a funcionar mellor a medida que os minutos do primeiro acto ían transcorrendo, conseguindo os verdinegros unha vantaxe cómoda xa no tempo de descanso (15-11).

Pola vía rápida e apoiados na confianza que daba o verse agora por diante cunha distancia cómoda, o Calvo Xiria sairía como un auténtico vendaval e selaría o triunfo nos primeiros dez minutos da continuación cun 10-1 de parcial que deixaría o choque visto para sentenza. Despois diso e cunha diferenza que aumentaría ata os catorce goles, os de Carballo comezaron a gardar forzas para a fin de semana que vén, onde afrontarán a última e definitiva final que en caso de empate ou vitoria daríalles o tan ansiado billete cara a unha nova fase de ascenso a DHP.

Calvo Xiria: 35 (15+20). Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Gabriel Castiñeiras (2), Cuco (1), Julián López, Brais Puñal (3),  Fran Rey, Pablo Iglesias (2), Chimpo (5), Carlos García (8), Enrique Pena (4), Manuel Méndez (5), Jorge Bouzas (1), Alejandro Calvete, Iván Amarelle.

Bueu Atl. BM: 25 (11+14). Anxo Dopazo, Mauro Bacelar (5), David Iglesias, Javier Torres (1), Roque Arias, Carlos Martínez (1), Daniel López (2), Brais López (8), José López (2), Sergio Piñeiro, Eloy Malvido, José María Quintela (3).

Parciais 5´: 2-1/ 4-4 / 7-5 / 9-7 / 12-10 / 15-11/ Descanso / 20-11 / 25-12 / 26-15 / 29-19 / 32-24 / 35-25/.

Colexiados: Silvia Vázquez e Alberto Fdez. Sen complicacións.

Incidencias: Encontro da penúltima xornada da liga de 1ª nacional de balonmán celebrado nun pavillón Vila De Noia con grande afluencia de público.