O Calvo Xiria logra a vitoria diante dun loitador Galdar Gran Canaria

 

O Calvo Xiria errático no lanzamento; soubo sufrir e gañar o partido desde o traballo defensivo. En fronte, atopouse un Galdar batallador, que estivo ben arroupado por unha das afeccións máis ruidosas da categoría. O pavillón Juan Vega Mateos, é un histórico do noso deporte.

Tras o asubío inicial, o Calvo Xiria deixou claras as súas intencións, logrando unha vantaxe de 0-2 e tendo ocasións para aumentar a diferenza. O Gáldar con Saúl Rodríguez en portería remontaba e tomaba a iniciativa poñendo terra polo medio ata o 8-5.

Axustaba a defensa o Xiria; ao que lle funcionaron os cambios propostos no tempo tempo morto. Un parcial de 3 a 6 no tramo final da primeira metade, daba vantaxe ao Calvo Xiria; que ao descanso gañaba por 12 a 15.

Tras a continuación ambos os equipos mantiveron a alta intensidade da primeira metade. A igualdade foi a tónica no tramo inicial do segundo período, aínda que, o Gáldar propoñería unha defensa máis presionante que desgastaba no ataque ao Xiria e reducía diferenzas ata o 17-18.

Cando máis apertaban os locais, cunha afección entragada aos seus; o Xiria lograba encadear varias defensas seguidas que lle permitiron correr e marcar establecendo a máxima diferenza de 20-26.

Os locais seguiron loitando e reducindo a diferenza para deixar o marcador final en 25-29. O Calvo Xiria segue a súa particular escalada e sobe outro posto na clasificación.

Gáldar Gran Canaria 25 – Calvo Xiria 29

Gáldar Gran Canaria (12+13): Carlos Sánchez, Heriberto Díaz, Adrián Díaz (4), Daniel Martín (3), Saulo López (2), Joaquín Molina (2), Alejandro Castellano (4), Saúl Rodríguez, Gabriel Quintana, Guillermo Arencibia (1), Juan Godoy (4), Miguel Hernández, Alberto Delgado (3), Iván Montoya (2) y Diego Castellano.

Calvo Xiria (15+14): Rökkvi Steinunnarson , Antonio Mato (p), Carlos Martín (2), Gabriel Castiñeiras (1), Francisco Rey, Carlos Varela, Hugo Rodríguez (2), Diego Vega, Manuel Méndez (3), Alejandro Gómez (2), Jorge Bouzas (3), Mario Cancela, David García (13), Eduardo Cousillas (3).

Parciales cada 5 minutos: 0-1, 3-3, 6-4, 9-9, 9-12, 12-15 (descanso) 12-16, 15-18, 17-21, 19-24, 20-26, 25-29.

Árbitros: David Déniz Alonso e Andrés Martín González.

Incidencias: Partido correspondente a novena xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Juan Vega Mateos (Las Palmas).