O Grupo Lemaco “B” supera ao Abegondo

Grupo Lemaco Xiria B 37 – Balonmán Abegondo 29 (20-18)

Incidencias: Partido correspondente á sexta xornada da Liga de Prata Cadete disputado no pavillón Vila de Noia
Arbitrou: Iván Hernández.

Chegaban a esta 6ª xornada da División de Prata invictos os dous equipos, polo que o encontro cobraba especial importancia pola loita do primeiro posto.
Moitos nervios no inicio nos locais onde o Abegondo aproveitou para marcar diferenzas con goles a contra e superando a unha fráxil defensa. Superados eses minutos o Grupo Lemaco axustou pares e con maior intensidade foi detendo os ataques do rival, de cara a gol ía elaborando adecuadamente e atopando a portería contraria meténdose na loita pola vitoria e marcando un 20 a 18 ao descanso.
Propuxo na segunda metade o Abegondo unha defensa mixta e o Xiria foi quen de resolver e atopar os espazos adecuados, movendo o balón con criterio para chegar facilmente diante do porteiro. Arroupou ben na defensa aos seus porteiros para dese xeito completar a faena e irse no marcador coa diferenza suficiente para rematar o partido comodamente, 37 a 29.

Grupo Lemaco Xiria B 37 (20) : Yago Sande e Antón Borrazás[p], Henrique Traba 10, Álvaro García, Daniel Periscal 3, Diego Mourelle 6, Jorge Rodríguez 3, Marcos Suárez 8, Brais Suárez 3, Simón Viña 2, Máxi Díaz, Lucas Amado e Aday Gómez 2.

Balonmán Abegondo 29 (18): Yago Pardo, Atalo Bello 6, Martín Bestilleiro, Yago Blanco, Diego Carracedo 4, Enrique Núñez, Tomás de la Fuente 1, Leo Rodríguez 10, Gabriel Ventura 1, Diego Roel 7, Jorge Caamaño e Jorge Ferreiro