O encontro celebrado o sábado 15 de marzo de 2025 no Pavillón Municipal De Tacoronte foi crucial para ambos equipos na recta final do Campionato Estatal De Primeira División Masculina – Grupo A. Cb Tacoronte, ocupando a posición 15, buscaba desesperadamente puntos para escapar da zona de descenso, mentres que o Calvo Xiria, na décima posición, aspiraba a consolidarse e soñar cunha mellor clasificación.
O partido comezou cun ritmo frenético. Os primeiros 15 minutos caracterizáronse por un intercambio constante de goles: Markel Moreno desde o pivote, destacou como un dos piares ofensivos dos locais; mentres Mario Cancela facíao polos visitantes; aproveitando a súa velocidade nas transicións.
No min. 16 o Calvo Xiria aproveitaba a vantaxe numérica para abrir unha pequena brecha no marcador. O tempo morto solicitado por Tacoronte tratando de cortar o ritmo de xogo do Calvo Xiria onde ao finalizar esta primeira parte, o marcador mostrou un 15 a 18 favorable ao Xiria.
A segunda metade comezou intensa; Tacoronte achegábase novamente ao marcador (17-19). Nun contexto caótico; o Calvo Xiria tivo que solicitar tempo morto e activarse para mostrar de novo a súa mellor versión no partido. As boas defensas sucedíanse e a diferenza crecía favorable aos intereses dos de Carballo. Chegando a máximas de 6 goles, o Calvo Xiria dominaba os tempos do partido, a defensa presionante de Tacoronte nos instantes finais, non puxo en apertos a vitoria do Calvo Xiria.
Semarther Ciudad de Tacoronte 28 – Calvo Xiria 33
Calvo Xiria (18+15): Darío Calviño (p), Antonio Mato (p), Aarón Rodríguez (2), Gabriel Castiñeiras (1), David García (4), Julián García (3), Chimpo Rodríguez (5), Diego Antelo, Jorge Bouzas (1), Carlos Varela, Diego Gago (1), Mario Cancela (5), Senén Garea (5).
Semarther Ciudad de Tacoronte (15+13): Oscar Luis Riveiro, Diego Hernández (1), Alby Regalado (7), Javier García, Antonio Manuel Jímenez, Owen Fraind, Mateus Henrique Do Carmo (2), Ricardo García, Tarek Abdelkader, Alonso Correa (4), Markel Moreno (6), Alex Fabricio de Abreu (2), Pablo Pérez, Carlos Abian (3), Jose Antonio Rubio (3).
Árbitros: José Herrera e Alejandro Calderón.
Marcador cada 5 minutos: 4-5, 7-7, 8-11, 10-14, 13-17, 15-18, (descanso), 18-19, 20-23, 22-25, 24-29, 26-31, 28-33 (final).
Incidencias: Partido correspondente a 24ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Municipal de Tacoronte (Tenerife).


