Despois de deixar escapar os puntos na Guarda, tras firmar un encontro moi completo, pois o que son as cousas, o Calvo Xiria foi capaz de sumar os dous despois dun partido cheo de precipitacións e imprecisións, nun encontro marcado polo desaxuste das carballesas no xogo posicional, onde as do Carballal conseguiron xenerar dudas ás do Xiria, moito máis centradas e combativas na súa defensa 6-0 que as mantivo no encontro en todo momento. A igualdade nun encontro que se presumía moi importante de cara a clasificación, as carballesas chegaron á fase final do encontro con claras opcións, onde aproveitaron mellor os seus ataques nesa parte do encontro mentres que as viguesas víronse sobrepasadas por momentos pola intensidade das verdes na defensa.
As carballesas, aínda que non matemáticamente, consiguen con estes dous puntos pór un pouco máis de terra por medio dos postos de descenso a falta de tres xornadas para o remate da Liga. Este vindeiro fin de semana desprázase cerca para xogar ante o Bm. Xallas


