Gran vitoria do Montaxes Carballo que lle da acceso a xogar a eliminatoria pola Final Four

Gran vitoria do Montaxes Carballo que lle da acceso a xogar a eliminatoria pola Final Four

O pasado sábado o Montaxes Carballo disputaba un partido que se antoxaba coma unha final. Os dous equipos que se enfrontaban, Luceros e Xiria, chegaban a este partido con opcións e tamén se podía sumar a ecuación o Atlántico. De este xeito e para evitar chegar a facer cálculos o Montaxes Carballo debía gañar este partido.

Buenas Migas Luceros 20 – Montaxes Carballo 29

O comezo do partido foi vibrante conseguindo o equipo carballés moita velocidade que lla facía coller distancia no marcador. Logo de este arreón inicial o equipo carballés precipitouse na faceta ofensiva e comezou a sufrir co ataque de 7 que prantexaba o equipo local. Con estos factores igualábase o encontro ao chegar ao descanso.

Á volta dos vestiarios o Montaxes soupo interpretar mellor o ataque rival e a iso sumáronse intervención de importancia da meta carballesa. Na que lle corresponde ao ataque un maior criterio na toma de decisións facía que os carballeses estiveran máis atinados e foi así como pouco a pouco conseguiu distanciarse no marcador. Ao final do partido soupo xogar sen precipitarse contra a defensa presionante final e isto levou a vitoria ao equipo carballés.

Esta vitoria fai que o Montaxes Carballo remate na 5 posición a liga regular e teña que xogar para a próxima semana contra o Bm Cisne a eliminatoria que da acceso á Final Four.