O Calvo Xiria mantén o liderato malia derrota en Ourense

Gris domingo de carnaval para as nosas que, tras dezasete xornadas sen coñecer a derrota, deixan os puntos en Ourense diante dun gran De Pueblo Carnicería Bm. Pabellón.

Un parcial local inicial 4-0 foi dabondo para desarmar ó líder que tivo que loitar co marcador adverso durante todo o encontro. Tralo mal comezo, as nosas reaccionaron chegando a estar dous tantos por enriba, pero as imprecisións en ataque e  o desorden defensivo deixaban un resultado ó descanso de 14-12.

Na segunda metade, outro mal arranque deixaba pronto as locais cunha vantaxe de catro goles. Os intentos carballeses por cambiar a dinámica do encontro forón repalidos pola forza desmedida da defensa do Pabellón e por unha gran actuación da porteira local, con intervencións de moito mérito dende os  seis metros.

Co Xiria volcado na remontada e un marcador de 25-23 a falta de 5 minutos, a defensa presionante e as sucesivas accións de contraataque foron en balde. Resultado final 30-25 que deixa ó Xiria con dous puntos de vantaxe sobre e seu perseguidor na loita pola primeira praza.

O tropezo en Ourense non empaña a gran tempada que está a facer o senior feminino. Cabeza e corazón postas no próximo partido diante do Bm. Reconquista o domingo ás 13:00.