1ª Estatal
Calvo Xiria e Attica 21 Hotels Oar Coruña, enfróntanse nun novo derbi provincial, o sábado ás 20:00 no Vila de Noia. Os dous equipos teñen obxectivos diferentes e necesitan os dous puntos; veñen de gañar os seus respectivos partidos a semana anterior; polo que chegan en bó estado ao partido e de seguro brindarannos un bó espectáculo de balonmán e emocións.
No plano deportivo, o Calvo Xiria enfróntase á defensa que menos
goles encaixa da categoría; con xogadores físicos e con experiencia
que esixirán ao ataque carballés velocidade na circulación de balón
para atopar espazos que permitan unha boa selección do lanzamento.
No que á defensa refírese, primeiro terán que gañar os duelos 1×1 e
pechar espazos nas axudas para frear a mobilidade da primeira liña
oarista, que abarca gran parte do xogo ofensivo do equipo. Espérase
unha gran entrada no Vila de Noia, que empezará arroupar ao Calvo
Xiria desde as 18:30 na FANZONE.
1ª Autonómica Feminina
O Calvo Xiria desprazarase ata Ourense, para enfrontarse ao De
Pueblo Carnicería Bm Pabellón. É un dos desprazamentos máis
difíciles da tempada cun conxunto local que actualmente marcha
sexto clasificado. Natalia Solís causa baixa por unha fractura de naríz
que tivo no partido anterior. Veremos como o equipo prepara a
rotación no pivote e na defensa; aínda que un dos puntos fortes aos
que nos ten afeitos, é que a implicación das xogadoras fai que as
baixas causen un efecto menor e que o equipo siga mantendo as súas estatísticas e bó nivel competitivo.
O partido disputarase o domingo ás 17:30 no pavillón Complexo
Deportivo Oira.
Categorías Base: Liga Prata
ALS Xiria B, xogará a domicilio ante UB Lavadores Vigo o sábado ás
12:00 no municipal de Carballal, no inicio da segunda fase, na que
pealeará do 7º a 12º posto.
Tubasys Xiria, tamén empezará a segunda fase da competición pero
no seu caso loitará polo título de liga prata. Nesta primeira xornada
xogará contra SD Teucro Clínica Veterisaude, o sábado ás 12:30, no
Multiusos A Xunqueira, de Pontevedra.
Mentras o Garaysa Xiria B, xogará como local, o sábado ás 11:00 no
Ceip Fogar contra Bm Porriño.
Categorías Base: Escolas Balonman Xiria
Fin de semana especial, que vivirán @s máis pequen@s das
categorías base. Os equipos prebenxamíns do ALS Xiria debutarán
nun torneo amigable, en Culleredo o sábado, con partidos ás 10:00 e
10:40.