O Calvo Xiria móstrase superior ao Juventud Las Palmas

O Calvo Xiria móstrase superior ao Juventud Las Palmas

O Calvo Xiria impúxose sen problemas ao Juventud Las Palmas (42-25), pechacancelas do grupo A, que non estreou a súa marcadora de puntos e que viaxou a Carballo con tan só 9 efectivos.

Os carballeses mandaron desde o principio do partido; aínda que na primeira metade cometeron demasiadas concesións diante dun rival que mostrou moi boa actitude sobre o 40×20 do Vila de Noia. A efectividade do xogo posicional permitiu irse ao descanso con vantaxe; 19 a 16.

Na segunda metade Las Palmas empezou a acusar o cansazo por falta de rotación, pese ao acerto realizador de José Nairobi (12 goles). Os locais axustaron a súa defensa e romperon o partido a falta de 15 minutos. O Calvo Xiria realizou unha boa segunda metade. A achega de todos os xogadores durante a ligazón do choque, permítelle chegar fresco ás próximas semanas onde teñen rivais de gran tamaño e que lles esixirán un desgaste físico maior.

Calvo Xiria 42 – Juventud Las Palmas 25


Calvo Xiria (19+23): Darío Calviño (1p), Antonio Mato (1p), Aarón Rodríguez (4), David García (4), Chema Negreira (6), Pablo Veiga, Julián García (5), Chimpo Rodríguez (2), Samuel Veiga, Daniel Periscal (4), Orlando Salupassa (1), Jorge Bouzas (1), Carlos Varela (3), Diego Gago (4), Mario Cancela (3), Senén Garea (4).

Juventud Las Palmas (16+9): Jorge Hernández (2), Kilian Batista (1), Kevin Javier Armas (1), Emilio Roque (2), Rubén De León, Alejandro Ortega, Robin Navarro (7), Jose Nairobi Armas (12), Carmelo Cabrera.


Árbitros: Julio Villanueva e Pablo Torreiro.


Marcador cada 5 minutos: 3-2, 7-4, 12-9, 14-11, 16-15, 19-16, (descanso), 21-17, 24-20, 28-20, 34-21, 38-23, 42-25 (final).

Incidencias: Partido correspondente a 23ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).