Vitoria do Garaysa Xiria ‘A’ en Lalín

Vitoria do Garaysa Xiria ‘A’ en Lalín

A Casa do Gato Lalín 30 – Garaysa Xiria A 37

O Garaysa A consegue unha nova vitoria logo de derrotar ao Balonmán Lalín nunha gran segunda metade.

Garaysa Xiria: Andrés Gómez, Gonzalo García (8), Quintín Insua (2), Lucas Radio (9), Brais Sánchez (4), Roi Pérez (1), Héctor Castro (3), Gael Romero (3), Sergio Pérez (4) e Marco Núñez (3).

Incidencias: Partido correspondente á 16ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón Lalín Arena (Lalín).

Chegaba a xornada 16, e ao Garaysa Xiria A tocáballe viaxar ata Lalín para enfrontarse ao sempre combativo Balonmán Lalín. O encontro, que daba favorito aos carballeses pola distancia na clasificación entre ambos, comezaba moi igualado cos dous equipos coa ideas claras en ataque, pero con moitos erros na parte defensiva. A primeira metade non tivo cambios e chegábase ao descanso coa máxima igualdade posible, 15-15.

A segunda metade foi totalmente carballesa, que xa dende o inicio, abriron cun parcial de 1-7 a favor e conseguiron cerrar definitivamente o encontro. Os lalinenses intentaron volver ao partido, pero o Garaysa soubo xestionar moi ben esa renta de 7-8 goles, coa que se chegaría ao final.

A vindeira semana, o Garaysa A descansará e volverá á competición o 23 de marzo na última xornada de Liga, que decidirá se son segundos ou terceiros na táboa.