O Calvo Xiria perde en Lanzarote nun duelo que se decidiu nos últimos 5 minutos

O partido que se puido decantar para calquera dos dous conxuntos;
deixounos moita intesidade e bo balonmán. Faltoulle temperanza nos minutos finais ao Calvo Xiria; que viu como un partido igualado;
escapábaselle por unha diferenza demasiado ampla.

Desde os minutos iniciáis, púidose intuír que serían os detalles, os que marcarían a diferenza. Os porteiros e as defensas serían
protagonistas. A igualdade era máxima e calquera mínimo erro pagábase cun gol en contra.

O Calvo Xiria poñeríase por diante chegado ao minuto 15 (6-7); pero o 5:1 proposto polo San José Obrero atragoóuselle cara o final da
primeira parte e ao descanso chegábase, con 12 a 10.

Tras a continuación, as estratexías afloraban por parte dos dous
equipos. E o Calvo Xiria, con algunha pequena modificación daba a
volta ao partido, a base de traballo defensivo, 16-17 a falta de 14
minutos; pero os seguintes 7 minutos de partido, os locais daban de
novo coa tecla para poñer o 21 a 18; momento en que o Calvo Xiria
reorganízase e consegue poñerse a 1.
Intercambio de goles, para chegar a falta de 5 minutos (22-20) con
todo por decidir. Tentouno todo o Calvo Xiria, pero a ansiedade e a
precipitación custoulle cara, xa que o partido foise a unha diferenza
que non reflectía o visto sobre a pista.

O equipo non puido ver recompensado o seu traballo neste encontro e deberá seguir traballando no crecemento de todo o plantel, para así lograr aos poucos unha maior achega ao xogo do
equipo.

Balonmano San José Obrero Lanzarote 27 – Calvo Xiria 21

Balonmano San José Obrero Lanzarote (12+15): Rafael Robayna
(1), Joel Peraza, Alberto Roldán (1), Joel Armas, Acoidan Martín (5),
Mariano Díaz, Francisco Javier, Roc Segarra (2), Carmelo Álvarez,
Osar Silva (4), Roberto Molina, Alexis Rodríguez (4), Adrián Ruíz,
Anderson Caycedo (6), Miguel Laguna.

Calvo Xiria (10+11): Antonio Mato (p), Rökkvi
Steinunnarson (p), Carlos Guisasola, Gabriel Castiñeiras
(1), Fran Rey (3), Diego Vega, Diego Antelo (1), Manuel Méndez,
Jorge Bouzas (6), Mario Cancela, David García (4), Edu Cousillas (6).

Marcador cada 5 minutos: 2-1, 5-4, 6-7, 9-8, 11-9, 12-10, (descanso); 14-12, 16-13, 17-17, 20-18, 22-20, 27-21.

Árbitros: Jorge López e Jose Luis Hernández do colexio madrileño.

Incidencias: Partido correspondente a cuarta xornada do Grupo A
da Primeira Estatal, disputado no pavillón IES Blas Cabrera Felipe
(Lanzarote).