O Laber A vence en Abegondo pero non mostra a sua mellor cara

O pasado sábado día 16 o Laber Xiria desprazábase a Abegondo a disputar a segunda xornada de liga. O Laber comezaba os primeiros minutos enchufado sen embargo, varios erros de lanzamentos claros e despistes defensivos facía que o equipo local se metese no partido. A partir de ahí o xogo do Laber perdiu o orden e a estructura tanto na defensa como no ataque e esto facía que, ao descanso o equipo local tivera unha ventaxa de 2 goles.

 

A partir do descanso o Laber foi pouco a pouco volvendo a centrarse no partido, aínda que lonxe de mostrar a súa mellor versión. Os numerosos despistes defensivos e o xogo individualizado facían que o xogo dos carballeses fose moi irregular. Con todo, o Laber conseguiu impoñerse nos últimos minutos e sumar os primeiros puntos da tempada, do encontro tamén saca unha chea de experiencias que correxir e mellorar.

EM ABEGONDO 29 – LABER XIRIA A 33

acta_completa_1168570 Laber-Abegondo