O Calvo Xiria perde por 30-26 ante o Lacera Naranco

Xa dicíamos na primeira volta que o conxunto ovetense amosara o mellor xogo da categoría e referendárono o sábado. Se ante a Avilesina o que nos amargou foi o pivote Conejo, desta volta o seu irmán Pacho desde o centro foi un pesadelo e controlou o tempo de partido, anotou e creou xogo para os compañeiros. Para o Xiria queda polo menos a satisfacción de baleirarse na cancha e agardar os encontros que faltan coma verdadeiras finais.

Dende aquí agradecer o comportamento do Club Balonmano-Naranco que puxeron á nosa disposición os seus servicios médicos para atender a Javi ó saírselle unha falanxe do dedo mainiño no minuto 16 de partido. Ademais de recolocarlle a articulación realizáronlle unha vendaxe para que puidese seguir xogando. Moitas Gracias.

Aliñacións

– Polo Calvo Xiria: Villa, Javi ( 1 ), Fernando ( 5 ), Martín ( 4 ), Alfonso ( 3 ), Ayllón ( 7 ) e Sergio ( 1 ) – equipo inicial – Quique, Marcos ( 1 ), Mario ( 3 ), Miguel ( 1 ), Nando ( ), Álex ( ) e Pablo ( ).

– Polo Lacera Naranco: Yuri, Roberto ( 1 ), Pacho ( 10 ), Darío ( 4 ), Miguel ( ), Alexis ( 4 ) e Chus ( 2 ) – equipo inicial – Nacho, Chiki ( ), Adrián ( ), Blanco ( 1 ), Daniel ( 6 ), Juanfer ( ) e Maxi ( 2 ).

Marcador cada 5 minutos

3-3 / 6-5 / 8-6 / 13-9 / 15-11 / 17-13 / 19-15 / 22-18 / 24-20 / 27-21 / 28-23 / 30-26