O Calvo Xiria quere seguir a liña marcada ata o momento

O sábado ás 18:00 no Vila de Noia; recibe o Calvo Xiria ao Vilatrade Bm Lavadores; co propósito de seguir sumando, xa que ao refacho de resultados acompáñalle o bo xogo do equipo. Quere seguir por esa senda; pero non llo poñerá nada fácil o Bm Lavadores que aínda non coñece a derrota e que tratará de desenmarañar a defensa dos carballeses; e frear o seu ritmo de xogo.

Seguidamente, ás 20:00; as xogadoras do Goldie Xiria saltan ás pista do Vila de Noia; para enfrontarse ao Coreti Lalín na segunda xornada da competición e onde tratarán de buscar a primeira vitoria da tempada. Para iso; conta coa baixa de Soraya Martínez e é dúbida Támara Pombo. Pero a boa noticia é a alta médica da capitá Jessica Posse, que volve ás pistas despois dunha longa recuperación.

Por outra banda; os equipos de división de honra viaxan o domingo ata Cangas para enfrontarse a unha das mellores canteiras do balonmán galego. Os infantís do Garaysa Xiria farano ás 10:00; ante un Luceros co que comparten liderado. Os xuvenís do Laber Xiria ás 11:30 tratarán de volver á senda da vitoria e á 13:00 os cadetes do Grupo Lemaco Xiria tratarán de seguir invictos na competición.
Por último, empeza a competición para o Hierros Varela Urbieta Xiria, o equipo cadete que participa na 2ª división cadete masculina estrearase ante o Arteixo Bm, o sábado ás 11:30 no pavillón Galán de Oseiro-Arteixo.