Convocatorias Selección Galega
Sete rapaces das Escolas Balonmán Xiria citados para os adestramentos dos distintos combinados autonómicos. Na categoría infantil, os rapaces do Garaysa Xiria, Martín Fuentes, Julián García e Esteban Puñal, foron…
Sete rapaces das Escolas Balonmán Xiria citados para os adestramentos dos distintos combinados autonómicos.
Na categoría infantil, os rapaces do Garaysa Xiria, Martín Fuentes, Julián García e Esteban Puñal, foron convocados para realizar unha sesión de adestramento Selección Infantil Masculina o domingo 1 de outubro, ás 16:30 horas, no Pavillón O Rosal de Moaña.
Na categoría cadete, Diego Lema, Álex Gómez e Mario Cancela foron convocados para realizar unha sesión de adestramento da Selección Cadete Masculina o vindeiro domingo 1 de outubro, ás 18:30, no Pavillón Multiusos de Pontevedra.
Por último, na categoría xuvenil, Andrés Vila foi convocado para realizar unha sesión de adestramento da Selección Xuvenil Masculina o domingo 1 de outubro, ás 18:30, no Pavillón Multiusos de Pontevedra.









