O Calvo Xiria realiza un bo encontro pero perde en Bueu

O partido iniciou con igualdade ata o minuto 10 onde o Calvo Xiria logrou unha lixeira vantaxe de dous goles. Estaba cómodo o conxunto visitante, tanto en facetas ofensivas como defensivas e iso plasmábase sobre o 40×20. O Calvo Xiria sufría 3 exclusións no tramo do minuto 15 ao 30; que xestionou de forma brillante no ataque posicional pero que lastrou a defensa; igualando o marcador cun 15 a 16 ao descanso.

Tras o paso por vestiarios, arrincaba o Calvo Xiria con intensidade nas súas accións e poñía brecha polo medio con 20 a 24 pero unha nova vantaxe numérica local e a precipitación ofensiva poñía de novo as táboas no marcador. Sufrían os de Carballo que vían como aos poucos Bueu distanciábase (29 a 26); pero recompoñíase con boas defensas e paradas de Antonio (29 a 29) ó cal recibiu un pelotazo na cara desde o extremo e o que debía ser exclusión; deixando ao Calvo Xiria en superioridade non se produciu. Chimpo poñía aos seus por diante (29-30) e no balance defensivo, nestá ocasión si, sufría unha exclusión inexplicable.

Últimos 5 minutos (30 a 30) e aos que o Calvo Xiria chegaba cun xogador menos. No ataque, Julián collía un rexeite de forma estelar; pero Yeray estivo acertado na portería, e cun xogador máis os locais xestionáronse ben e lograron quedar cos dous puntos en xogo.

O Calvo Xiria aproveitou o parón e mellorou os seus números. A semana que vén empeza a segunda volta da liga diante da Sar de Redondela. Rival directo na loita pola permanencia.

Bueu Atlético Balonman 34 – Calvo Xiria 31

Bueu Atlético Balonman (15+19): Yeray Simes, Mauro Bacelar, David Iglesias (3), Javier Torres (4), Pedro Sánchez (3), Roque Arias (9), Hugo Gallego, Brais López (4), Jose López (5), Alberto Domato (1), Carlos Meira (2), Gonzalo Freire, Martiño Castro (3), Miguel Pérez, Iván Rivas, Diego Dios.

Calvo Xiria (13+16): Antonio Mato (p), Darío Calviño (p), Aarón Rodríguez (1), Esteban Puñal, Gabriel Castiñeiras, Pablo Veiga, Julián García (4), Chimpo Rodríguez (7), Diego Vega (3), Manu Méndez (4), Álex Gómez (4), Jorge Bouzas (5), Carlos Varela, Mario Cancela (3).

Árbitros: Víctor Naranjo e Álvaro Palop.

Marcador cada 5 minutos: 2-3, 4-4, 6-8, 9-11, 12-14, 15-16, (descanso), 19-19, 20-23, 24-24, 28-26, 30-30, 34-31 (final).

Incidencias: Partido correspondente a 15ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Pablo Hervello (Bueu).