O Calvo Xiria realiza un bo partido para impoñerse ao Bm Tejina e está máis preto da fase de ascenso

O Calvo Xiria realizou un partido completo; desde o inicio impúxose ao seu rival; un Bm Tejina mermado polas baixas; non tivo opción; grazas á seriedade e intensidade coa que se afrontou o encontro.

Para o Calvo Xiria xa só quedan finais ata lograr alcanzar o título de liga.

Desde os primeiros minutos; o Calvo Xiria concentrado nas tarefas a realizar; conseguía establecer diferenzas. Con 6 a 1, o preparador visitante pedía o seu primeiro tempo morto; pero o partido seguía polos mesmos algarismos. A máxima vantaxe de 10 goles chegaría no minuto 20. Outro tempo morto, e aproveitaban os adestradores para facer rotacións para manter o ritmo, chegando ao descanso 18-10.

Na segunda parte; puidemos ver aos máis novos do Calvo Xiria; ben apoiados polos xogadores máis experimentados; conseguiuse manter a diferenza grazas a eficacia defensiva sobre o Bm Tejina; aínda que en ataque a precisión no lanzamento baixou; algo normal, nestes xogadores, que teñen que seguir progresando adecuadamente.

Dous puntos máis para engadir á clasificación; co obxectivo cada vez máis preto.

Calvo Xiria 26 – Bm Tenerife Tejina 17

Calvo Xiria (18+8): Antonio Mato (p), Iago Gómez (p), Fari (2), Fran Rey, Daniel Mallo (1), Chimpo Rodríguez (4), Diego Vega (3), Diego Antelo (1), Alejandro Gómez (1), Jorge Bouzas (3), Mario Cancela (2), David García (4), Adrián Losón (3), Edu Cousillas.

Bm Tenerife Tejina (10+7): Alexis García, Adrián González (6), Cristopher Marrero (3), Carlos Javier, Amit Vashedev (1), Guillermo Navarro (3), Aaron González, Wilson Estevao, Jose Antonio Rubio (4), Lionel Guilherme, Gonzalo Arenas.

Marcador cada 5 minutos: 4-1, 7-1, 11-3, 15-5, 16-8, 18-10, (descanso); 18-12, 20-12, 22-14, 23-15, 24-17.

Árbitros: Daniel Álvarez y Luis Medio.

Incidencias: Partido correspondente á vixésimo quinta xornada do Grupo A da Primeira Estatal disputado no pavillón Vila de Noia, de Carballo