O Metalúrgica BB Xiria non puido co Oar Coruña

Chegaba a 5ª xornada da Liga Prata Infantil Masculina e o Metalúrgica BB viaxaba ata a cidade de A Coruña para enfrontarse ao Oar Coruña no pavillón San Francisco Javier nun partido que se prevía igualado.

O partido comezou moi ben para o equipo local, que grazas á súa defensa 5:1 sobre Marcos Varela, conseguía frear o ataque dos de Carballo, comenzando así o partido cun parcial de 7-2.

A primeira metade seguiu a mesma tónica, e chegábase ao descanso cun 10-5 no marcador, con moi poucos goles de ambos conxuntos.

A segunda parte comezou con moita presión dos de Carballo, que parecía que querían meterse no partido, con varias recuperacións e moi boas defensas, pero chegados ao final do encontro, o Oar apretou e o partido rematou cun 26-18 para os herculinos.

O próximo encontro do Metalúrgica BB Xiria será o sábado 24 de abril fronte o Culleredo Construpereiro no pavillón Ceip Fogar.