O Calvo Xiria recibe ao sempre complicado Bueu Atletico

1ª Nacional masculina

O Calvo Xiria quere volver á senda do triunfo; despois de dúas semanas sen facelo. Para iso, espéralle un Bueu Atlético; quinto da táboa. Un rival que busca ir a máis cada semana; mozo e que traballa para mellorar na clasificación.

Apoia moito o seu xogo na segunda liña de ataque; polo que extremos e pivotes cobran protagonismo na faceta goleadora.

O Calvo Xiria, que xoga como local, necesita do apoio da súa afección, sentirse arroupado, para lograr superar ao Bueu. Defensivamente o equipo mellora cada semana, e está a traballar; para ser máis constante tanto no xogo posicional como no contraataque. Debe gañar en confianza nestas dúas fases de xogo e blindarse para competir de igual forma ao longo do encontro.

O partido disputarase o sábado ás 20:00 no pavillón Vila de Noia, de Carballo.

1ª Autonómica Feminina

O Goldie Xiria Carballo Turismo desputa esta semana o seu primeiro encontro do Grupo A da permanencia ante un renovado Millaven Centro Jardín CP Lucense que vén de gañar ó Gescolor Bueu Atlético Balonmán na primeira xornada e que pouco se asemella ó equipo que visitou Carballo fai uns meses.

Coas boas sensacións e o bo xogo de Goldie no derradeiro encontro ante ó Seaplast BM. Cañiza e con toda a plantilla dispoñible, as nosas afrontan o partido sen presión ante un rival plagado de fichaxes, co obxectivo de amosar a progresión no longo da tempada e de dar unha alegría á afección o domingo ás 12:00 no Vila de Noia.

Categorías base

Os dous equipos cadetes do Grupo Lemaco Xiria; xogan a domicilio esta semana. Na liga Ouro enfróntase ao CB Atlántico, o domingo ás 11:30, no pavillón Valle Inclán, en Oleiros. Busca unha vitoria que lle manteña na segunda praza.

Os seus compañeiros da liga Prata, enfróntanse ao Bm Viveiro, o sábado ás 12:00, no pavillón mpal De Viveiro. Dous puntos darían o liderado provisional nesta xornada 4.

O prato forte da semana; protagonízano os infantís.

Na liga prata, o Metalúrgica BB Xiria, enfróntase ao favorito, o Club Balonmán Atlántico, o sábado ás 12:30 no pavillón Valle Inclán, en Oleiros. Despois dunha semana completa de adestramentos, seguro veremos unha progresión no grupo, e lograrán sacar unha nota positiva do encontro.

Pola súa banda, o Garaysa Xiria; viaxa a Pontevedra, pavillón A Xunqueira, sábado ás 12:00, para enfrontarse ao Cisne Colegio Los Sauces, co liderado do grupo en xogo, neste último partido da primeira volta.

E por último, a gran estrea da semana. Empeza a competición para os equipos alevíns e benxamíns das Escolas Balonman Xiria.

Gallega de Mallas Xiria e Gestagua Xiria xogan a competición alevín 7, no Ceip Fogar, ás 9:45 e 11:00, respectivamente.

Seguidamente, Garaysa Xiria e Óptica Auris Xiria, dobrarán quenda ás 12:15 e á 13:00, na competición de Balonmán 5.

E Telepizza Xiria e Maquisaba Xiria xogan no pavillón Valle Inclán de Oleiros, tamén en dobre quenda ás 10:00 e 10:45.

Espéranos, unha fin de semana repleta de balonmán, co ansiado regreso dos máis pequenos.