O Metalúrgica BB saca un punto da súa visita a Santiago

Logo do parón por mor da pandemia, e de que se aprazase o partido fronte o CB Lucense da semana pasada, o Metalúrgica BB retomaba a competición e facíao na nova Liga Prata. Unha competición que consta de 8 equipos e que se terán que enfrontar todos contra todos en formato só de ida.

Polo tanto, na mañá do venres, o Metalúrgica BB desprazábase ata Santiago para enfrontarse ao Balonmán Ribadosar. 

O partido comezaba con moitos goles e moi poucas defensas de ambos equipos, co que se chegaba ao parón para a hidratación cun 10-9 a favor dos locais. A partires de ahí, os de Carballo encadearon moitos erros en ataque, con moitas perdidas de balón e fallos no lanzamento, e chegábase ao descanso cun 17-13.

A segunda metade seguía coa mesma tónica, e o conxunto de Santiago conseguíase ir de 6 no marcador a falta de 10 minutos para o remate. Foi ahí cando os de Carballo despertaron e con varias boas defensas con varios roubos de balón conseguiron acercarse no marcador. A falta de 20 segundos para o final, Marcos Varela empataba o partido e poñía o 29-29 final que deixaba aos visitantes con ganas de máis.

BM RIBADOSAR 29 (17+12): XULIÁN (2), PEDRO (8), ALEJANDRO (10), BRAIS, PABLO (7), JACOBO, JOSE, MAURO, SANTIAGO, ALBERTO, BRUNO, IAGO, ANTÓN, ALEX (2).

METALÚRGICA BB XIRIA  29 (13+16): XANO RAMA, ALVARO GOMEZ (2), MARCOS VARELA (17), ANDRES PEDREIRA, XABIER FERNANDEZ (1), ANDRES POMBO, DIEGO BARBEIRA (5), NICOLAS MEJUTO (1), HUGO RIVAS, DANI MARTA (3).

A vindeira semana, o Metalúrgica BB volverá xogar a domicilio, esta vez na pista do CB Atlántico.