O Calvo Xiria retoma a senda da vitoria

Vitoria do Calvo Xiria na súa visita á Cañiza nunha tarde xélida que provocou unha escasa presenza de seareiros no pavillón pontevedrés. O partido estivo marcado polo ritmo que impuxo o conxunto carballés, con rápidos contraataques que puxeron terra de por medio entre os dous equipos dende o inicio, so algún despite na defensa carballesa impedía que xa no ecuador do primeiro tempo o partido estivese roto. Os últimos cinco minutos do primeiro tempo foron unha lousa para os locais que marchaban para os vestiarios seis goles abaixo, dando xa a impresión de que o partido estaba resolto. O segundo tempo foi un trámite no que o Xiria seguiu ao seu para evitar sustos, e cun ritmo de xogo que non decaeu durante os sesenta minutos, acadou a máxima diferenza no encontro cando os colexiados asubiaban o final.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal da Cañiza ante 100 seareiros. Marcador cada cinco minutos: 2-4, 4-7, 7-10, 9-13, 13-16, 13-19 descanso, 16-22, 19-26, 21-28, 23-32, 24-34, 25-37.
Colexiados: Sergio Rodríguez Estévez e Andrés Rosendo López do colexio galego.
Exclusións: Bm. A Cañiza: Marcos Estévez (40´), Rafael Fernández (46´), Daniel Dacuña (56´) e Daniel Alonso (57´). Calvo Xiria: Manuel (14´e 36´), Alberto (23´ e 50´), Iván (25´) e Brais (41´).
Sete metros: Bm. Promens a Cañiza: 4 / 3. Calvo Xiria 2 / 3.
BM PROMENS A CAÑIZA 25 (13 + 12): Marcos Carrera [p], Manuel Estévez [p], Rafael Fernández (1), Daniel Mendes (7), Marcos Estévez (3), Daniel Dacuña, Rubén Teijeira, Aitor Freiria (8), Rodrigo Blas, Juan Miguélez, Pablo Álvarez (1), Manuel Álvarez, Adrián Freiria (5), Andrés Piñeiro.
CALVO XIRIA 37 (19+18): Martín Gómez [p], José Luis Fraga [p], Sergio Facal (10), Brais Puñal (1), Martín Alfeirán (3), Manuel Méndez, Jorge Bouzas (4), Alejandro Calvete (1), Pablo Iglesias (5), Gonzalo Pombo (6), Rubén Anes (2), Iván Campos (2), Carlos A. Lema (1), Mario García de Seárez (2).