O Polideportivo Juan Vega Mateos foi o escenario dun emocionante encontro entre Galdar Gran Canaria e Calvo Xiria, onde ambos equipos buscaban unha vitoria crucial no Campionato Estatal De Primeira División Masculina. Coa clasificación apertada, este partido presentábase como unha oportunidade crave para escalar posicións.
A primeira metade comezou con intensidade, e aos 47 segundos, Marcos Vinicius Santiago abriu o marcador desde os 7 metros para o Galdar Gran Canaria. Con todo, Calvo Xiria non tardou en responder; con Diego Gago desde o pivote, o que marcou o inicio dun intercambio constante de goles. A medida que avanzaba a primeira parte, o Calvo Xiria non atopaba o seu ritmo en ataque, faltaba fluídez e os locais marchábanse no marcador con varios goles consecutivos por parte de xogadores como Jesús Mendoza e Gonzalo Matías.
As dificultades defensivas, precipitaron o cambio de sistema no Calvo Xiria que quería manter a súa competitividade. Os esforzos permitiron chegar ao descanso cun marcador desfavorable de 15-9. O Xiria tiña que cambiar se quería meterse de novo no partido.
A inicios do segundo tempo, o Calvo Xiria mostrou signos claros de reacción ao anotar rapidamente mediante Gabriel Castiñeiras e Pablo Veiga. Este cambio táctico revitalizou ao equipo visitante e fixo que a diferenza se acurtase considerablemente.
Con 16-14, o Calvo Xiria tivo a posibilidade de darlle a volta á situación. Pero non era o día; faltaba frescura e concentración. En superioridade numérica, perdeu o balón e Gáldar saía desta dificultade cun parcial de 2-0. De novo tería que remontar un Xiria que se estaba vendo mermado co paso dos minutos.
A falta de 10 minutos lograba unha nova vantaxe o equipo local e sentenciaba un partido onde o Calvo Xiria non se atopou cómodo salvo nos primeiros 7 minutos da segunda parte.
Galdar Gran Canaria selou a súa vitoria alcanzando un resultado final contundente: 33-24.
Este triunfo é significativo para Galdar Gran Canaria para establecerse como un dos contendentes serios dentro do torneo. O Calvo Xiria ten que mellorar a capacidade para adaptarse tácticamente nos próximos encontros.
Gáldar Gran Canaria 33 – Calvo Xiria 24
Gáldar Gran Canaria (15+18): Magnol Suárez (p), Hugo Manuel Gómez (p), Néstor González (1), Diego Tacoronte, Marcos Vinicius Santiago (7), Jesús Alejandro Mendoza (4), Carlos Padrón, Francisco Nicolás Trujillo (1), Nicolás Julián (2), Cayetano Elías González, Carlos Mederos (4), Gonzalo Matías (4), Guillermo Arencibia (2), Saulo López (4), Adrián Rivero (2), Álvaro Luis Díaz (2).
Calvo Xiria (9+15): Antonio Mato (p), Darío Calviño (p), Gabriel Castiñeiras (3), David García (3), Chema Negreira, Pablo Veiga (5), Julián García (3), Chimpo Rodríguez (2), Julián López, Daniel Periscal (2), Jorge Bouzas (1), Carlos Varela (1), Diego Gago (4), Senén Garea.
Árbitros: Javier García e Pablo Sebastián Naranjo.
Marcador cada 5 minutos: 1-0, 4-3, 7-3, 10-5, 13-7, 15-9, (descanso), 16-13, 18-14, 20-15, 22-17, 27-20, 33-24 (final).
Incidencias: Partido correspondente a 4ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Juan Vega Mateos (Las Palmas).


