O Calvo Xiria supera a un bo Lavadores

O Calvo Xiria, leva o tempo do partido cun gran ataque posicional, onde a conexión da primeira liña e a segunda foi brillante; sumado á mellora notable na faceta defensiva, fíxose cunha vitoria diante dun conxunto vigués, que relou a un gran nivel na tarde do sábado.

Ao comezo do partido, púidose ver a importancia que cobrarían os lanzamentos desde os 6 metros, onde ao porteiro vigués Dani Fernández, respondíalle de maneira sobresainte Iago Gómez.

Os xogadores do Calvo Xiria mantiveron unha boa intensidade e concentración, foron axustando a defensa co paso dos minutos e de non ser por pequenos detalles, lograrían unha maior diferenza na primeira parte, xa que chegou a ser de 4 goles, pero Lavadores soubo aproveitar calquera rasguño que se producía no 5:1 local.

Na segunda metade, o Calvo Xiria desatado en todas as facetas, ofrecía á afección 10 minutos espectaculares de xogo, aumentando a diferenza ata os 6 goles, impenetrabes en defensa e marcando goles desde todos os postos; aínda que o lanzamento exterior de David García, era unha laxa difícil de parar para os visitantes.

Lavadores volvía atopar a maneira de chegar aos 6 metros e manter opcións no encontro. Pero a diferenza non se reducía; xa que a mobilidade do ataque do Calvo Xiria, dirixidos por Chimpo, mantívose ao longo dos 60 minutos, imposibilitando calquera esperanza para os de Vigo.

Finalmente, unha vitoria máis para o Calvo Xiria, nun partido vistoso e de bo nivel por parte de ambos conxuntos.

Calvo Xiria 31 – UB Lavadores Vigo 26

Calvo Xiria (16+15): Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Fari (1), Gabriel Castiñeiras (1), Fran Rey (1), Dani Mallo (4), Chimpo Rodríguez (4), Diego Vega, Juanka Rodríguez, Manu Méndez (1), Alejandro Gómez, Jorge Bouzas (5), Mario Cancela, David García (8) Adrián Losón (3), Edu Cousillas (3).

UB Lavadores Vigo (13+13): Daniel Fernández (p), Marco Covelo (p), Sergio Lorenzo (6), Adrián Suárez (6), Diego Pérez (2), Francisco Camino (2), Pablo Lora, Pablo Fernández (4), Juan Piñeiro (2), Cristobal Covelo (4), Mario Oterino, Pedro Cerqueira, Manuel Martín.

Marcador cada 5 minutos: 2-2, 5-4, 9-6, 10-8, 13-10, 16-13, (descanso); 20-14, 23-18, 25-20, 27-22, 29-24, 31-26.

Árbitros: Daniel Álvarez e Luis Medio.

Incidencias: Partido correspondente á undécima xornada do Grupo A de a Primeira Estatal, disputado no pavillón Vila de Noia, de Carballo.