O Calvo Xiria supera os Cuartos da Copa Federación

O Xiria afrontaba esta semana os Cuartos de Final da Copa Federación ante o Mecalia Atlético Guardés, que malia ser un equipo filial de recente creación foron quenes de clasificarse ante equipos de primeira división para disputar a eliminatoria no Vila de Noia ante o equipo Carballés.

De novo a precipitación provocou imprecisións nos primeriros compases do partido que lastraron o bo traballo en defensa do Calvo Xiria, mantendo una lixeira vantaxe sobre as visitantes nunha primerira metade onde o rival atopou a duras penas a portería de Nadia en situacións desfavorables para chegar ó descanso con parcial de (13-11).

Na segunda metade o equipo mantivo a concentración e continuou traballando as saídas pouco profundas para evitar os 1×1 e lanzamentos exteriores que propuxo o Mecalia, que recurriu ás interceptacións de balón para manterse nun partido cunha decrecente igualdade amenazada polo paulatino medrar da vantaxe no marcador a prol do equipo local.

Nos últimos dez minutos do enfrontamento os cambios no Calvo propiciaron un aumento da intensidade e profundidade defensivas que favoreceron a recuperación do esférico e rápidos contraataques en primeira e segunda oleada, que deixaron ó Mecalia cun parcial negativo de (6-1) e pechando a xornada no (29-18) que otorga o pase a Semifinais da Copa Galicia ó Calvo Xiria, que se enfrontará ó Reconquista de Vigo o domingo 22 no Vila de Noia ás 12:45.

Cabe destacar a participación da capitana Sheila Ferriro, que contou co apoio do público na súa reincorpotación ás pistas despois dunha lesión de longa duración, acadando o último tanto nos derradeiros segundos do encontro.

Calvo Xiria 29 – Mecalia Atlético Guardés 18

Calvo Xiria (13+16): Nadia Vázquez (p), María Patiño (4), Aida Vizcaíno (3), Lara Souto (3), Lucía de la Torre (5), Minia Calvo (2), Mara Garabaya (2), Natalia Solís, Marta Gómez (5), Leticia Santos (1), Carla Bello López, Elena Segade (2), Valeria Figueroa, Sheila Ferreiro (1), Andrea Díaz (1)

Coreti Lalín (11+7): Miriam Riballo (1), Laura Alonso (4), Marta Álvarez, Iria Pérez (1), Lucía Cruces, Iratxe Goyas (2), Judit Ramos (1), Laura Teniente, Patricia Vicente, Carmen Magallanes (3), Alba Fernández (1), Iria Álvarez, Carolina González, Sabela Pérez (5)

Árbitros: Renzo Martín e Iván Hernández

Marcador cada 5 minutos: 1-0, 4-2, 6-5, 7-6, 10-9, 13-11, 15-12, 17-13, 19-14, 23-17, 26-17, 29-18