Derrota do Grupo Lemaco B ante o Xallas

Derrota do Grupo Lemaco B ante o Xallas

O Grupo Lemaco B comezou a súa andadura na Liga Prata cunha derrota na súa visita a Santa Comba, despois dun encontro cheo de imprecisións en ataque que terminaron por decantar o encontro para as xalleiras que se mostraron máis efectivas. 

Todo esto despois dunha primeira metade xogada de poder a poder e onde as carballesas visitaban os vestiarios un gol por diante(9-10). No segundo tempo o Grupo Lemaco B mostrouse máis errático que o seu rival e as impresicións e a precipitación terminou por decantar o encontro.

As próximas dúas semanas o Grupo Lemaco B descansará antes de recibir en Carballo o Bm. Moaña na terceira xornada.

Resultados Jornada 1

Bm. Xallas 19-15 Grupo Lemaco B Xiria

SD Teucro 27-22 Bm. Moaña

Sanxenxo Bm. 41-11 ED Poio