Segunda victoria en tres encontros para o Calvo Xiria na Copa Federación ante o Solgaleo Pabellón ourensán. Costoulle entrar no encontro ás xogadoras verdes na tarde de onte no Vila de Noia no que ó ataque se refire, pero o gran tono na defensa neses momentos permitiulles manter o marcador apretado(4-3, min.12). Coa aportación na portería e un par de contras coruñesas, o parcial de 3-0 obligaba o adestrador pabellonista a solicitar un tempo morto para cortar a dinámica das locais.
As verdes tiñan claro que querían aproveitar o repliegue defensivo das ourensás para facer dano por ambos costados e así ir abrindo distancia, que chegaría a sete tantos no descanso(14-7). Xa no segundo tempo as de Zarra consolidaron esas vantaxes no xogo colectivo, aínda que algo desacertadas de cara a portería.
Con esta victoria(28-14) o Calvo Xiria finaliza a Copa Federación a expensas do resultado deste domingo pola tarde entre o Bm. Brigantium e o Bm. Xallas, con dúas victorias e unha derrota.


