Disputado encontro o que nos depararon as cadetes de Liga Ouro en Bueu este domingo pola mañá. As carballesas comenzaban a andaina na máxima categoría unha semana despois de acadar a praza no Play Off xogado en Carballo a semana pasada, con visita ó Pablo Herbello de Bueu.
As azuis plantexaron unha defensa 3-2-1 aberta, que as do Xiria foron quen de superar de forma constante durante gran parte do encontro, pero a irregularidade na defensa en ese periodo, fixo que as pontevedresas puideran manterse no partido ata ven entrado o segundo tempo. O 19-21 no descanso, reflectía a ineficacia defensiva de ambas escadras.
Na reanudación, a superioridade das verdes foi notoria no xogo e nas ocasións, onde os postes e a porteira local convertíronse no gran escollo no que as carballesas chocaban unha vez tras outra, ata 16 veces.
O Bueu intentou equilibrar nos derradeiros minutos tirando a defensa a unha 3-3 que as de Zarra foron quen de superala con comodidade a pesar dalgún erro no pase.
Con estes dous puntos, o Grupo Lemaco agarda na casa a visita na vindeira xornada do Asmubal Meaño, potente equipo que xa se enfrentou este ano no Play Off onde as carballesas venceran por dous tantos. Partido duro e equilibrado para a seguinte semana.