O Grupo Lemaco A confirma o liderato do grupo B na Liga Prata

O Grupo Lemaco A confirma o liderato do grupo B na Liga Prata

Rocoso partido o que tivo que disputar o Grupo Lemaco A ante un Bm. Lucense que loitou ata o último momento mediante unha defensa moi férrea pero sen profundidade, o que lle permitiu as carballesas circular o balón con facilidade. Ainda que non foi o mellor encontro de cara a portería, as locais que disputaron o seu encontro no IES Monte Neme,dominaron de cabo a rabo o encontro con diferencias cómodas.

Con este resultado, as do Xiria garantizan chegar o parón do Nadal líderes do seu grupo, a expensas de visitar o segundo clasificado, o Bm. Carballal na vindeira xornada.