O Calvo Xiria viaxa a Tenerife; mentres o Goldie Xiria ten un dobre enfrontamento crave

1ª Nacional masculina:

Esta fin de semana o Calvo Xiria viaxa por segunda vez ás Illas Canarias. Desta volta, faino a Tenerife para enfrontarse ao Bm Tejina La Laguna. Un partido de polos opostos, o Tejina busca a permanencia e o Xiria busca o título. Lograr a vitoria é o obxectivo que teñen en mente os xogadores do Calvo Xiria, que desexan seguir unha semana máis no máis alto. Para iso, sairán a por todas desde o inicio, moi concentrados nun rival que conta os seus partidos de decembro por finais, xa que a posición que ostenta neste momento, non é a desexada. O Calvo Xiria que conta coas baixas de Ramón e Aaron; súmase tamén a de Juanka, que leva varias semanas con dores no ombreiro dereito, os cales se incrementaron no último partido. Será unha viaxe exprés de 30 horas, en ida e volta para tratar de lograr dous puntos máis.

1ª Autonómica Feminina:

Con motivo da ponte de decembro o Goldie Xiria Carballo Turismo prepárase para afrontar un dobre encontro ante o De Pueblo Carnicería Bm. Pabellón. O sábado 5 o equipo carballés desprázase ata Ourense para desputar o primeiro dos encontros o sábado ás 17:00, mentres que a segunda das citas terá lugar en Carballo o martes 8 ás 12:00.
As nosas tratarán de aferrarse á parte alta da táboa coa máxima de manter as boas sensacións no xogo ante un rival que vén de solventar con solvencia o seu último partido na casa ante o Teucro (32-14) grazas ó bo comezo que tiveron na segunda metade. Nun encontro que se prevé igualado, o perigo que amosa o Bm Pabellón susténtase nas rápidas primeiras oleadas tras defensas intensas e boas actuacións das porteiras. Pola nosa banda, o obxectivo non é outro que o de impór un ritmo elevado en ambos encontros, dándolle moita importancia á faceta defensiva, e seguir a sumar de dous en dous puntos.
Con respecto á pasada semana, volven á convocatoria Mina e Carla, polo que o equipo está ó completo para comezar o último tramo da tempada antes do Nadal, no que as rapazas do Xiria deberán desputar os dous encontros aplazados amais dos catro que xa figuran no calendario.

Categorías base

O sábado ás 11:30, no Vila de Noia, os cadetes do Grupo Lemaco Xiria enfróntanse ao Oar Ciudad para recuperar a xornada 1 que se viu aprazada no seu día. Os de Xiria queren asegurar a primeira praza nesta primeira fase de grupos.