O Calvo Xiria xogará os Play-off malia a derrota

O noso senior feminino non puido gañar en Lalín, pero coa derrota do Bm Pabellón asegura a clasificación para loitar polo título.

No encontro en terras lalilenses as nosas non conseguiron sentirse cómodas en ningún momento do encontro. A boa defensa da primeira parte sumada as boas finalizacións de Marta dende o extremo permitían as nosas ir dous goles por diante ó descanso (9-11).

Á volta de vestiarios, a dinámica xiareira seguía a ser a mesma. Os bós minutos iniciais do Lalín, máis intensas en defensa e con accións directas de contraataque, permitían acadar un parcial 5-0 que as nosas non souberon paliar. Nos minutos finais, o Xiria gozou de varias oportunidades para empatar e mesmo gañar o encontro, pero a sorte non estivo do lado carballés e os dous puntos quedaron na casa.

Resultado final 23-22 que non amosa o potencial dun equipo que o domingo non estivo a altura do rival nin do traballo realizado ó longo de toda a tempada. Folio en branco para as nosas e con confianza plena para os Play-Off que xa comezan esta semana. O domingo as 12:15 visítanos o UB Lavadores onde o equipo quere resarcirse no Vila de Noia ante a afección.