O derbi provincial queda en Carballo

O Calvo Xiria vence o Mantido SL Constr Bm. Xallas e segue líder unha semana máis.

Coa recuperación da varias xogadoras respecto ó encontro da semana pasada, o Calvo Xiria chegaba moi confiado ó derbi. Tras certas imprecisións iniciais de ambos conxuntos, a Xiria puxo o mono de traballo en defensa e a solvencia na retagarda fixo moi cómodo o ataque posicional. As boas accións combinativas locais coas pivotes non encontraban oposición nun Xallas que gozou de bos minutos de xogo, aínda que con moitos altibaixos.

Cun 16-7 ó descanso o partido xa semellaba sentenciado, foi momento de rotar a tódalas xogadoras e a falta de ritmo por mor dos cambios así como as boas accións individuais da central local impedían as carballesas coller unha renda maior. Vitoria final 30-16 que mantén as nosas ó frente da clasicación. Como anécdota, no encontro de hoxe a nosa extremo Marta acodou por primeira vez a cifra dos 100 goles.

A próxima semana, o senior feminino viaxa a Lalín na procura doutros dous puntos que as afiancen no liderato.