O desacerto na segunda metade do Calvo Xiria fai que perda co Bm Ingenio

Tras xogar unha boa primeira parte e ir ao descanso gañando por 3 goles; o Calvo Xiria perdeu a mobilidade ofensiva; caendo unha e outra vez nas faltas da defensa 6:0 local; e aínda que tivo a oportunidade de gañar ata o final; a última exclusión a falta de 3 minutos; minguou as opcións dun equipo que pelexou ata o asubío final.

A tónica de igualdade da primeira parte, con alternancias no marcador para ambos conxuntos onde o Calvo Xiria tivo que lidar cunha dobre inferioridade no minuto 17; pero aguantou o resultado cando peor pintaban as cousas; en parte pola actuación de Iago na portería; e a partir de aí xogou mellor que o seu rival; chegando ao descanso con 14 a 17.

Pero as boas sensacións que transmitiu o equipo na primeira parte; abrigo no ataque; pareceron quedar no vestiario. O Bm Ingenio, incrementou a agresividade nas accións defensivas e empezou a frear a mobilidade dun Xiria; que se vía sacando continuos golpes francos, e actuando de maneira individual; en accións predicibles e propicias para o conxunto local; e aínda que ía conseguindo atopar algúns espazos dada a calidade dos xogadores, co paso dos minutos, o desgaste de xogar un partido corpo a corpo, favorecía os intereses do Ingenio. Tamén os postes e o porteiro local, axudaban aos locais a a empatar o partido.

A pesar do esforzo e o bo labor defensivo; o equipo non soubo como aproveitar o contraataque neste tempo do encontro; pero esta fase do xogo permitiulle chegar con opcións de vitoria aos últimos 3 minutos, gañaba o Calvo Xiria por un gol; pero unha exclusión poñería ao Xiria en inferioridade numérica, non sendo capaces de marcar gol, mentres o Bm Ingenio poñeríase un gol arriba, para o definitivo 27 a 26.

O Calvo Xiria ten agora un encontro como local, contra o Bueu Atletico Balonman, onde tratará de volver á senda da vitoria.

Bm Ingenio 27 – Calvo Xiria 26

Bm Ingenio (14+13): Alberto Falcón (p), Airam Deniz (p), Francisco David Sánchez (2), Domingo Castro, Edgar Jesús Socorro, Rafael Sánchez (1), Armando Santana (6), Omar Jesús Perdomo (2), Pablo Hernández (1), Bentor Deniz (2), Javier Sánchez, Jon Ander Malde (4), Jesús Roberto Santana (1), Abian Del Cristo (8), Caleb Asensio, Sergio Castro.

Calvo Xiria (11+9): Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Fari (1), Fran Rey (2), Dani Mallo (1), Chimpo Rodríguez (5), Diego Vega, Juanka Rodríguez (8), Manu Méndez, Alejandro Gómez, Jorge Bouzas (2), David García (4), Adrián Losón (3), Edu Cousillas.

Marcador cada 5 minutos: 3-2, 6-5, 7-7, 10-9, 12-12, 14-17, (descanso); 16-19, 18-20, 20-21, 23-23, 25-25, 27-26.

Árbitros: Enrique Pérez y Luis Díaz-Flores.

Incidencias: Partido correspondente á vixésimo segunda xornada do Grupo A da Primeira Estatal disputado no pavillón Pedro Padilla; nas Palmas de Gran Canaria.