Vitoria do Garaysa Xiria fronte ao SAR para manter a 2ª praza
Os infantís do Garaysa acadaron unha nova vitoria este Sábado fronte ao SAR de Redondela, nun encontro onde os carballeses tiveron que empregarse a fondo para superar a un rival…

Os infantís do Garaysa acadaron unha nova vitoria este Sábado fronte ao SAR de Redondela, nun encontro onde os carballeses tiveron que empregarse a fondo para superar a un rival que non deixou de loitar durante os 50 minutos.
O encontro comezaba moi de cara para os do Xiria, que arrincaban moi seguros en ataque, endosando un parcial de 0-5 nos primeiros 5 minutos. O Garaysa dominaba o encontro con claridade, impoñéndose dende defensa, onde a atención era máxima e os goles da SAR chegaban a contagotas, ademais Julio estivo moi atinado baixo paus detendo varios lanzamentos claros dos locais.
O encontro semellaba moi encamiñado para o Garaysa, pero varios erros de lanzamento consecutivos no ecuador do primeiro tempo deron inicio a uns minutos de descontrol por parte do Xiria, que sen embargo non poñían en perigo a vantaxe acadada, chegando ao descanso (8-14).
Na segunda metade o Garaysa repetía o guión da primeira, coa defensa como a súa mellor baza e máis irregular en ataque, con momentos moi bos e outros de maior incerteza. Sen embargo o Xiria, grazas ao traballo de todo o equipo, conseguía aumentar a vantaxe co paso dos minutos para rematar vencendo (18-31).
Con estes dous novos puntos o Garaysa mantén a 2ª praza na Liga regular de División de Honra Infantil Masculina.
SAR Dacuña y Pérez – 18 (8+10): Joel (1), Sergio M. (4), Adrián C., Javier R (6), Mario (1), Iñaki, Sergio S. (1), Adrián A., Breixo, Mateo (3), Martín, Martínez, Dos Santos (2) e Rodríguez.
Garaysa Xiria – 31 (14+17): Julio, Alex (11), Iker (3), Mario C. (3), Carlos, Diego, J. Pereira (3), Xurxo, Dani M. (5), Diego Lema, Iago (4) e Franco (2).
Marcador cada 5 minutos: (0-5), (2-8), (3-10), (6-11), (8-14) // (11-19), (11-22), (15-22), (17-25) e (18-31)
Clasificación:
Fotos do encontro:


