Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Xuvenil masculino

O Laber Xiria vence con autoridade e afronta o tramo decisivo da competición

Partido trampa o que xogaba no día de onte o Laber Xiria contra o pechacancelas da División De Honra, o Óptica Bueu – Bueu ATL. BM. A concentración, o respecto…

Partido trampa o que xogaba no día de onte o Laber Xiria contra o pechacancelas da División De Honra, o Óptica Bueu – Bueu ATL. BM. A concentración, o respecto ao rival e a intensidade, barallábanse como principais factores dos carballeses para evitar sorpresas nun encontro dispar a teor do que dita a clasificación. Neste sentido non fallaron os verdinegros, que se aferraron a súa defensa 6:0 nos primeiros instantes para marcar unha ampla diferenza no electrónico ao termino dos trinta minutos iniciais (19-7). A defensa e a velocidade ao contragolpe foran claves e os visitantes víronse superados en todas as facetas do xogo. No ataque posicional, o xogo con dous pivotes en 2:4, tamén dera os seus froitos e a conexión da primeira liña con Santi, Ronaldo ou Manuel, resultara frutífera. O baixón de intensidade do Laber Xiria resultou evidente na volta ao 40×20, cuestión que aproveitaron os buenenses para conseguir un axustado parcial nos primeiros dez minutos da continuación. Bastaría un tempo morto por parte do bando local para que os de Carballo aumentasen a súa intensidade e enlazasen un último tramo do encontro onde, de novo, o contraataque foi protagonista. O marcador final permite ao laber Xiria seguir con plenas opcións de conseguir algún dos catro primeiros postos do campionato, unha situación que daría o dereito aos bergantiñáns de disputar, por segundo ano consecutivo, a fase que dá acceso ao campionato de España. Para iso, quedan catro partidos, catro finais contra os rivais directos, comezando a semana que vén coa visita a Pontevedra contra o BM. Cisne, un conxunto que ocupa a cuarta praza da clasificación, xusto por detrás do Laber Xiria, con dous puntos e un partido menos.

Laber Xiria: 40 (19+21). Sanuel Castiñeiras (p), Antonio Mato (p), Manuel Souto (p), Andrés Vila (6), Roi Alfeirán (9), Ronaldo Durán (3), Francisco Rey (7), José Varela (3), Santi Oreiro (4), Andy Rey (5), Manuel Sánchez, Andrés Urbieta (3).

Bueu: 18 (7+11). Simón Loira, Hugo Gallego (3), Rubén Millán (1), Angel Barreiro, Eloy Malvido (6), Marcos Ríos, Isaac Maqueda (1), Pablo Barqueiro (2), Pablo Ferradanes, Manuel Cruz (5), David Castellanos, Fabián Alvariñas.

Colexiados: Pablo Barreiro e Gabriel Folgoso. Sen complicacións.

Incidencias: Encontro da 19ª xornada da liga de División de Honra na categoría xuvenil, disputado no pavillón Vila De Noia ante cento cincoenta seareiros.

Fotos do encontro:

DSC_0674 DSC_0634 DSC_0635 DSC_0636 DSC_0639 DSC_0641 DSC_0642 DSC_0643 DSC_0645 DSC_0647 DSC_0648 DSC_0656 DSC_0657 DSC_0658 DSC_0659 DSC_0660 DSC_0662 DSC_0663 DSC_0671 DSC_0672

Próximo partido

Xuvenil masculino20:00Liga Ouro · Liga regular · Grupo único · Xornada 8
EMBUTIDOS LALINENSE
HIERROS VARELA URBIETA XIRIA

Máis sobre isto