O Garaysa B pon o broche á tempada cun gran partido en Arteixo

A pesares da derrota, os carballeses competiron o partido ata o final ante o segundo clasificado da Liga Prata.

Reprint Arteixo 32 – Garaysa Xiria B 25

Garaysa Xiria: Héctor Dubra, Manuel P. Mira, Tomás Añón, Sergio Pérez, Roi Pérez, Manuel P. Fieira, Gael Romero, Marco Núñez, Álvaro Cotelo, Jorge Nielsen e Óscar Longueira.

Incidencias:  Partido correspondente á 5ª xornada da Liga Prata infantil masculina disputado no Pavillón de Galán (Arterixo).

Arrincaba o último partido desta gran tempada para o Garaysa Xiria B e facíao fronte ao segundo clasificado. O encontro comezaba con moita intensidade de ambos os dous equipos e ofrecendo un gran balonmán. Os de Carballo, que estaban conseguindo accións claras de gol en ataque, non conseguían parar aos xogadores do Arteixo en defensa.

A segunda metade arrincaba cun Garaysa a por todas volvéndose a meter no partido, pero as imprecisións por querer remontar e os fallos de lanzamento propiciaron que os de Arteixo se foran a máis de 6 goles no marcador e sentenciaran o partido.

O Garaysa Xiria B finaliza 5º da Liga Prata infantil masculina, nunha gran tempada onde todos os xogadores conseguiron ser importantes para o equipo.