O Garaysa A cerra a liga con vitoria á espera da eliminatoria pola Final 4

Gran vitoria dos de Carballo ante o subcampión galego nun partido igualado ata o final que lles serve para acabar 6º na Liga Ouro infantil masculina.

Librería Dalvi Lalín 31 – Garaysa Xiria A 32

Garaysa Xiria: Iker Lema, Andrés Gómez, Desale López (9), Ivan Rey (2), Gonzalo García (3), Quintín Insua (7), Rodrigo Rama (3), Lucas Radio (3), Brais Sánchez (2), Dani Pan (1) e Hugo Rama (2).

Incidencias:  Partido correspondente á 18ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón Municipal de Lalín (Lalín).

Chegaba a última xornada da Liga Ouro infantil masculina, e o Garaysa enfrontábase ao subcamipón galego nun partido onde ningún dos dous equipos se xogaba nada na clasificación. O encontro arrincaba moi dinámico, cos dous equipos correndo e xogando un moi bo balonmán. A primeira metade seguiu o seu curso e a igualdade foi tal que ningún dos dous equipos se iba de máis de 2 goles no marcador.

A segunda metade foi un calco da primeira, agás nos minutos fináis, onde os carballeses conseguiron subir algo máis a intensidade para levarse o partido pola mínima.

A vindeira semana, o Garaysa Xiria A xogará a eliminatoria para meterse na Final 4 fronte ó campión da Liga Prata, o Cisne Colegio los Sauces.