O Garaysa comezou moi ben e aguantou no marcador ata a segunda metade

O Garaysa comezou moi ben e aguantou no marcador ata a segunda metade

Seis do Nadal – 35 (18+17): Domínguez (2), Soutullo (4), Branco (4), Alonso (9), Fernández (6), Doval, Cabanelas (5), Iglesias (4), Dacunha, Salgueiro, Míguez e Seijo (1).

Garaysa Xiria – 19 (13+6): Pedro (4), Mario (6), Alex (5), Adrián, Iker (1), Iago (3), Julio, Manuel, Franco e Brian.

Marcador cada 5 minutos: 5´(5-3), 10´(10-5), 15´(12-8), 20´(16-12), 25´(18-13), 30´(21-13), 35´(25-15), 40´(28-17), 45´(31-19), 50´(31-19).

O Garaysa Xiria xogaba esta fin de semana contra o Seis do Nadal, equipo que chegaba contando todos os seus partidos por vitorias. O Garaysa sabía da dificultade de puntuar fronte aos de Coia pero non por iso deixaron de intentalo durante todo o encontro.

Durante a primeira metade o Garaysa fixo un bo xogo en ataque, movendo ben o balón e acadando boas situacións de lanzamento dende os extremos, a miúdo materializadas por Mario ou Iago.

O Sedona pronto collería vantaxe no marcador, pero o bo traballo do Garaysa impedía que se afastasen a máis de 4-5 goles no electrónico durante toda a primeira metade.

Sen embargo na segunda metade os vigueses dedicáronse a frear a circulación de balón dos nosos a base de agarróns, inmobilizando continuamente aos xogadores do Garaysa, moi inferiores en peso e altura. O árbitro permitiu que este xeito de defender, agarrando e inmobilizando o corpo do atacante en vez de defender o balón, fora unha constante durante toda a segunda metade impedindo calquera opción en ataque para os carballeses, que vían frustrados como os locais aumentaban a renda de goles.

Pese ao avultado do marcador final o Garaysa fixo un bo encontro amosando que nesta recta final da liga está a recuperar o seu mellor nivel de xogo.

Clasificación trala 20ª xornada:

Clasificación

Fotos do encontro:

IMG_4745 IMG_4754 IMG_4756

IMG_4755-2
IMG_4752
IMG_4753