O Garaysa feminino consegue a súa primeira vitoria

Este sábado 25 recibiamos en Carballo ao C. Polideportivo Lucense. Os dous equipos están en progresión polo que se prevía un partido rifado. Con todo as locais coas ganas de conseguir os dous primeiros puntos mostraron a súa mellor imaxe, conseguían recuperar balóns e chegaban a atopar lanzamentos claros para conseguir gol. Neste contexto as xogadoras locais soltáronse e mostraron cousas do seu xogo que non se viron ata agora e sobre todo se lles vió gozando do deporte que practican que é o máis importante. Esperemos que estas sensacións se manteñan e axuden a seguir dando un bo nivel nos próximos partidos.

GARAYSA XIRIA FEMENINO 14 (6+12) Lucía Lema [p], Paula Abelenda, Stefanía Landri, Uxía Suárez, María García (1), María Patiño (1), Coral Ruibal (4), Candela Couto (3), Natalia Cancela (2), Ana Pombo (2), Lara Hernández (2)

POLIDEPORTIVO LUCENSE 1 (0+1) Carlota Rielo (1), Claudia Castro, Noelia Díaz, Iria Ruiz, Antía Lamas, Raquel López, Alicia Rodríguez, Adriana Fernández, María Crinde, Alba Corral.

Ao finalizar o encontro os dous equipos xuntáronse para sacar una foto e mostrar a súa repulsa a violencia machista.

Somos fortes, somos altas, somos baixas, somos brutas, somos sensibles, somos líderes; somos e seremos como nos queiramos ser, non como a sociedade nos queira facer.

P1030779

P1030780