O Garaysa gaña en Coia e colócase quinto na táboa

Partido moi serio de principio a fin do Garaysa Xiria, que dende a defensa, conseguiu levarse os 2 puntos para Carballo e ascende a 5ª praza.

Nutrendo Seis do Nadal  15 – Garaysa Xiria 29

Garaysa Xiria: Pablo Fraga, Álvaro Gómez, Lucas Fajardo, Rubén Nogareda, Marcos Varela, Nicolás Cancela, Xabi Fernández, Saúl Fuentefría, Andrés Pedreira, Dani Marta, Xano Rama, Andrés Pombo, Nicolás Mejuto, Izan Cabeza.

Incidencias:  Partido correspondente á 19ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón Municipal de Coia (Vigo)

Comezaba o partido en Coia moi ben para os de Carballo, que dende a súa defensa habitual 6:0 conseguía coller unha pequena vantaxe dende os primeiros minutos. A primeira metade transcorría, e o Xiria seguía moi cómodo atrás e correndo moi ben e rápido as contras que lle supoxeron chegar ao deacanso cun 7-16 a favor.

A segunda metade, e xa con 10 goles arriba para o Garaysa, foi menos intensa, pero non menos interesante. Os de Coia non baixaron nunca os brazos e eso fixo que o Xiria seguira competindo ata o final, facendo así un partido moi completo de principio a fin.

O Garaysa ascende así á 5ª praza a falta de 3 xornadas para o remate da liga, que da dereito a xogar unha repesca para meterse na Final Four.