O Garaysa Xiria A arranca a Liga Ouro con derrota
O Garaysa Xiria A non pode conseguir a vitoria ante un Culleredo que foi máis efectivo de cara a portería. Bm Culleredo Nosolomadera 42 – Garaysa Xiria A 31 Garaysa…

O Garaysa Xiria A non pode conseguir a vitoria ante un Culleredo que foi máis efectivo de cara a portería.
Bm Culleredo Nosolomadera 42 – Garaysa Xiria A 31
Garaysa Xiria: Iker Lema, Román Pérez, Desale López, Ivan Rey, Gonzalo García, Quintín Insua, Rodrigo Rama, Lucas Radio, Brais Sánchez, Roi Pérez, Dani Pan e Hugo Rama.
Incidencias: Partido correspondente á 1 ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón de Almeiras (Culleredo)
Comezaba o partido en Almeiras con moita intensidade de ambos os dous equipos, que tiñan gañas de demostrar o seu nivel acadado nos pasados Play Off. Pasados 10 minutos, os de Carballo baixaban a dureza atrás e iso aprobeitábao o equipo local, que poñía terra de por medio no partido, para irse 9 goles arriba. Logo de 2 tempos mortos, os carballeses apretaron e conseguían irse ao descanso con 6 goles abaixo. Na segunda metade, o Garaysa Xiria intentou a remontada, pero as precipitacións en ataque e a pouca intensidade en defensa fixo que os locáis cerraran o partido con 11 goles arriba.
A vindeira semana, o Garaysa Xiria A recibirá ao Bueu en Carballo.


