Un combativo Garaysa Xiria B non puido conseguir a vitoria

O Garaysa Xiria B recompúxose da mala primeira metade e mantívose no partido ata o final, a pesares de non conseguir a vitoria.

Garaysa Xiria B 25 – CB Atlántico 28

Garaysa Xiria: Héctor Dubra, Manuel P. Mira, Tomás Añón, Sergio Pérez, Roi Pérez, Manuel P. Fieira, Gael Romero, Marco Núñez, Álvaro Cotelo, Jorge Nielsen e Óscar Longueira.

Incidencias:  Partido correspondente á 1ª xornada da Liga Prata infantil masculina disputado no Pavillón Vila de Noia (Carballo) 

O encontro comezaba cun Garaysa Xiria con moitas dúbidas en ataque e con moitos espacios na súa defensa 3:3. O partido avanzaba e os visitantes, mediante accións individuais conseguían coller vantaxe no marcador para irse ao descanso. A segunda metade foi dos locáis, que lle meteron unha marcha máis en defensa e conseguiron correr e ter un gran xogo sen balón. Nos últimos 5 minutos e cos de Carballo a 2 goles, as gañas de remontar o partido penalizaron ao Garaya Xiria que non ía conseguir a vitoria, a pesares do esforzo amosado.

A próxima semana, O Garaysa Xiria B viaxará ata Viveiro para disputar a 2ª xornada de liga.