O Garaysa Xiria acada a súa primeira vitoria, contra o Lavadores, nun encontro moi traballado
Garaysa Xiria – 33 (18+15): Xurxo, Julio, Alex (14), Brian, Iker (2), Adrián (1), Pedro (6), Franco (2), Mario (1), Iago, Urbieta (5), Manuel e Miguel (2). Las Cinco Jotas…
Garaysa Xiria – 33 (18+15): Xurxo, Julio, Alex (14), Brian, Iker (2), Adrián (1), Pedro (6), Franco (2), Mario (1), Iago, Urbieta (5), Manuel e Miguel (2).
Las Cinco Jotas Lavadores “A” – 24 (15+9): Diego (7), Sergio (4), Luis, Manel (3), Adrián (1), Pablo C., Diego (1), Juan, Xoel (1), Andrés (2), Andre (2), Edgar, Pablo P. (3).
O Garaysa Xiria acadou a primeira vitoria da tempada contra o U.D. Lavadores, de Vigo. Os carballeses tiveron que agardar á 3ª xornada para sumar os primeiros puntos na súa conta particular, nun encontro no que sempre mandou no marcador e no que foi aumentando a renda de goles de forma progresiva cunha gran segunda metade.
O encontro comezaba moi igualado nos primeiros minutos, o Xiria adiantábase timidamente, pero non eran quen de despegarse no electrónico. Os de Vigo cunha defensa máis pechada e sen moitos espazos, obrigaba aos locais a facer ataques longos e elaborados para acadar boas situacións de lanzamento. Sen embargo unha boa racha de roubos en defensa grazas a unha boa presións aos primeiras liñas vigueses permitía ao Garaysa colocar o 16-11 no minuto 20. Sen embargo o Lavadores deu a réplica e recortaba ata o 18-15 do descanso.
Na segunda metade o Xiria saíu coma un ciclón, e a base de presión defensiva conseguía aumentar rapidamente a súa vantaxe sobre os vigueses, que cun parcial de 7-2 nos primeiros minutos do segundo tempo, vían como se lles escapaba o partido.
O Xiria xa non soltou o acelerador no que quedaba de encontro, que rematou gañando por 9 goles de diferenza, 33-24, nun partido que deixa moi boas sensacións e dará aos xogadores a confianza que necesitaban para sacar a relucir o seu verdadeiro potencial.
Clasificación 3ª Xornada
