Os xuvenís de Xiria líderes unha semana máis

Os xuvenís de Escolas Balonmán Xiria, recibían ao BM.Lavadores de Vigo no Vila de Noia e facíano como líderes da División de Honra da categoría.

O encontro comezaba cuns primeiros compases de igualdade, sobre todo propiciada polos erros dos locais en lanzamentos sinxelos dende os seis metros. Non estaban os de Xiria materializando as recuperacións defensivas na portaría contraria e isto mantiña dentro do partido os olívicos.

No momento no que os verdibrancos afinaron a puntaría, o envite rompíuse definitivamente e cun 10-0 de parcial en 10´, encarrilábase da mellor forma posible o que quedaba por disputar. A vantaxe seguíu aumentando grazas a un criadeiro amplo, que mantivo un alto ritmo de xogo durante os sesenta minutos. No remate final do primeiro acto, o 26-9 , deixaba todo visto para sentenza.

Na reanudación, os xogadores de Carballo acomodados na vantaxe, baixaron o seu ritmo e iso propiciou que os de Vigo aproveitaran a oportunidade para maquillar o resultado final. De calquera forma, o 50-27 no remate do encontro, deixa aos de Xiria na cabeza da táboa, posición inmellorable para viaxar a Lalín o próximo fin de semana e enfrontarse a un dos favoritos ao título.

Marcador cada 5´: 3/3, 7/6, 14/6, 17/6, 20/8, 26/9-descanso-30/13, 33/15, 36/19, 42/21, 47/25, 50/27.

Incidencias: Partido disputado no Vila de Noia ante a presenza de coarenta afeccionados.

Árbitros: Alberto Isidro e Gabriel Folgoso. Pasaron desapercibidos nun partido sen complicacións.

EBM.Xiria: 50 (26+24). Dani Buño, Iván Campos (10), Dani García (2), Damián Rodríguez (8), Enrique Pena (9), José Pereira (4), Iván Calvo (4)-equipo inicial-Gabriel Castiñeiras (9), Alex Figueroa, Borja Rodríguez, Andrés Barca (1), Borja González (1), Diego Gago (2).

BM.Lavadores: 27 (9+18). Marcos, Covelo (13), Fabián (3), Antón (3), Pablo (2), Manuel (1), Xoel (3)-equipo inicial-Aarón (1), Sandoval, Sergio, David, Jorge (1).

 

juves juego  juves juego2