O Garaysa Xiria faise cos dous puntos

Irregular partido, o xogado o domingo pola mañá en Carballo por parte do Garaysa Xiria.
Acomodado polos últimos resultados; saíu á pista sen o nivel de competición habitual, e sen a concentración necesaria; enlazando accións de mérito; roubando balóns e con contacto defensivo, que permitiu correr contraataques e irse no marcador rapidamente; con erros; principalmente na parcela defensiva, permitindo cómodos lanzamentos desde os 6 metros, que de non ser polo acerto na portaría de Pedro, estariamos a falar dunha diferenza menor. A pasividade en ataque, recibindo estáticos e iniciando en bote, ante o 6:0 dos ourensáns resolvíase mediante accións individuais.
O resultado 35 a 16 final; foi excesivo e debido aos fallos no lanzamento do equipo visitante.

A seguinte xornada, vólvese a disputar en Carballo onde o Garaysa Xiria recibe ao Bm Chapela.
Incidencias: Partido disputado no pavillón Vila de Noia cun centear de seareiros nas bancadas de ambos os conxuntos. Colexiado: Sandra Piñeiro do colexio galego. 7 metros: Garaysa Xiria 3/4 Nova Xestión Pabellón 2/2
Marcador cada 5 minutos: 5-1, 9-4, 13-6, 17-6, 18-9, descanso, 19-11, 21-13, 25-14, 30-15, 35-16.
GARAYSA XIRIA 35 ( 18 + 17 ): Pedro Pena [p], Darío Calviño [p], Aarón Rodríguez (4), Carlos Varela (1), Mario Cancela (7), Daniel Mallo (5), Fernando Mallo (4), Juan Pereira (1), Diego Antelo (6), Julián García (6), Javier Rodríguez, Antonio Calvelo, Pablo Esmoris, Miguel Goimil (1).
NOVA XESTIÓN PAVILLÓN 16 ( 9 + 6 ): Álvarez Ruíz, Pérez Rodríguez, Duarte De Cristofaro (9), Díaz Barreiro (2), Lucas Chacou (3), López López (2), Carcacia De La Torre, Carballo Canosa, Carrasco Mares, Cabada Feijo, Bruno Rodríguez, Neto Fraguas.