O Laber Xiria imponse ao Academia Octavio na recta final do campionato
O Laber Xiria contará, a partir de agora, os seus partidos como finais e é que os últimos encontros do campionato avecíñanse e os de Carballo están situados nunha posición…

O Laber Xiria contará, a partir de agora, os seus partidos como finais e é que os últimos encontros do campionato avecíñanse e os de Carballo están situados nunha posición de privilexio que desexan manter. Xa fai algunhas xornadas nas que os bergantiñáns non teñen marxe de erro, dado o apertado da clasificación e por tanto, contan os seus enfrontamentos como auténticas finais. Esta situación vólvese cada vez máis definitiva, dado as poucas datas que quedan para o remate da liga regular. No día de hoxe, visitaba o Vila de Noia o Academia Octavio, un conxunto cun bo sentido táctico do xogo e moi consciente das súas virtudes e limitacións, un equipo sempre perigoso e máis a estas alturas do campionato, onde unha vitoria salvaríalles posiblemente do descenso de categoría. Os primeiros trinta minutos do partido foron de dominio táctico por parte dos olívicos, aínda que os de Xiria mandarían no marcador desde o inicio. Demasiados erros por parte dos locais, que non se daban despegado no marcador, todo o contrario que o seu rival, que pacientes nos seus ataques e aproveitando cada faio dos verdinegros, mantíñase con vida no encontro. Tres defensas consecutivas do Laber na recta final do primeiro tempo, outorgaban a máxima vantaxe a estes e permitía chegar ao descanso cunha cómoda diferenza (17-12). Sabían os de Carballo que tiñan que minimizar os seus erros, xa que o Octavio non se ía a dar por vencido e estaría presto a aproveitar a mínima posibilidade de meterse no partido. Aínda que a defensa dos carballeses foi irregular durante todo o encontro, tanto no contraataque como no posicional mostráronse solventes e precisos, feito que ao cabo terminaría por desequilibrar o partido. A vitoria final permite ao Laber Xiria continuar defendendo esa terceira praza que ocupa actualmente e soñar con disputar a fase que daría acceso ao campionato de España.
A semana que vén, os xuvenís de Xiria repetirán xornada en casa, esta vez visitará Carballo o BM. Bueu, que pecha a clasificación desta División de Honra xuvenil. Non mostrar a máis mínima confianza e afrontar o partido con seriedade e compromiso, antóllanse claves para conseguir unha nova vitoria.
Laber Xiria: 38 (17+18). Antonio Mato (p), Samuel Castiñeiras (p), Carlos Vilanova, Juan Carlos Rodríguez (1), Manuel Souto (p), Andrés Vila (17), Roi Alfeirán (3), Ronaldo Durán (2), Francisco Rey (7), José Varela (1), Andy Rey (2), Manuel Sánchez (1), Andrés Urbieta (4).
Academia Octavio: 25 (12+13). Gabriel Alonso, Mario Navarro, David Díaz (7), Nicolás Alonso (2), Daniel González, Carlos Fernández, André Giráldez (12), David Castiñeira, Bruno Cela (1), Martín Rial, G. Touza, Rui Escariz, Cesar Vázquez (3).
Parciais cada 5´: 1-1/ 5-2/ 9-5/ 12-9/ 15-11/ 17-12 /Descanso/ 20-15/ 22-17/ 27-20/ 30-22/ 34-23/ 38-25 /Final.
Colexiados: Andrés Hermida e Sandra Piñeiro. Ben, sen complicacións.
Incidencias: Encontro da 17ª xornada da liga de División de Honra na categoría xuvenil, disputado no pavillón Vila De Noia ante un centenar de seareiros.
Fotos do encontro:























