O Garaysa Xiria imponse ao Nova Xestión Pabellon

Xogábase a primeira xornada da Copa Federación de división de honra infantil masculina. Estreábase na casa o Garaysa ante un Nova Xestión Pavillón que non lle perdeu a cara ao partido en ningún momento e puxo en apertos ao equipo carballés que se relaxou en demasía. E é que todo facía presaxiar un partido cómodo para os locais; despois duns primeiros minutos fantásticos cun parcial de 6 a 1 favorable, que deixaba o partido encarrilado; pero os ourensáns, non tiraron a toalla e ao descanso as diferenzas seguíanse mantendo. 17 a 12

Na reanuadación, o equipo visitante mellor asentado no encontro recortaba diferenzas aos poucos, pero o labor na portería do Garaysa tanto de Darío como de Mateo ao longo do partido, mantiña o resultado positivo para os carballeses.

Deberá subir o seu nivel de intensidade o Garaysa Xiria para afrontar os seguintes choques de Copa. Todo empeza polo adestramento semanal, onde queda tempada para seguir crecendo de fronte ao futuro próximo e onde estes xogadores son capaces de alcanzar o nivel necesario, a base de esforzo e traballo.

A seguinte xornada, o Garaysa Xiria enfrontarase ao Grupo Salco Luceiros, en Cangas.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Vila De Noia ante un centear de seareiros de ambos conxuntos. Colexiado: Pablo Torreiro do colexio galego.

GARAYSA XIRIA 32 ( 17 + 15 ): Darío Calviño [p], Mateo Pallas [p], Andrés García, Ángel Viña, Esteban Puñal, Samuel Veiga, Martín Fuentes, Alberto Rodríguez, Juan Martín, Alberto Suárez, Miguel Goimil.

NOVA XESTIÓN PABELLÓN 27 ( 12 + 15 ): Ismael Moura, Diego Jorge, Raúl, Tristán Atrio, David Fraguas, Martín Carballo, José M. Fernández, Sergio Aldemir, Alejandro Rey, Mario Mihai, Álvaro Díaz.