O Laber Xiria vence ao Nova Xestión Pabellón na Copa
Laber Xiria 37 – Nova Xestión Pabellón 23 (20-11) Cómodo encontro para o Laber Xiria na primeira xornada da competición de Copa. Diante un Pabellón Ourense, que aguantou os 10…

Laber Xiria 37 – Nova Xestión Pabellón 23 (20-11)
Cómodo encontro para o Laber Xiria na primeira xornada da competición de Copa. Diante un Pabellón Ourense, que aguantou os 10 primeiros minutos e logo foi desaparecendo co transcorrer do encontro.
O 6:0 defensivo dos locais facíase cada vez máis complicado de superar para os ourensás, faltos de lanzamento exterior, so cando conseguían combinar co pivote ou con xogadores desdobrados presentaban algo de perigo. O Xiria si que era capaz de transformar practicamente cada ataque en gol, marcando diferenzas ao descanso de 20 a 11.
Pouco variou na segunda metade onde os cambios no equipo local foron continuos, probando xogadores en diversas posicións de ataque. O Pabellón converteuse nun equipo falto de ritmo e foi cedendo terreo ata o asubío final con ese 37 a 23.
Laber Xiria 37 (20): Samuel Castiñeiras e Diego Lema (porteiros) Fran Rey 4, Santi Oreiro 5, Andrés Urbieta 1, Andrés Vila 4, Roi Alfeirán 1, Manuel Sánchez 1, Renzo Díaz 1, Brais Vila 2, Alex Gómez 7, Iker Martínez 2, Iago Rincón 5, Dani Trigo2 e Mario Cancela 2.
Nova Xestión Pabellón 23 (11): Manuel González e Raúl Aldemir (porteiros), Alexandro Álvarez 1, Martín Rodríguez , Israel Santos 2, Pablo Fernández 1, Martín Rodríguez 3, Alfonso Sampayo 6, Raúl Nogueral 7, Marcos Vila, Salvador Duarte 3 e José Fernández.
Arbitrou: Pablo Torreiro, ben, sen complicacións


