O Garaysa Xiria inicia a Copa Federación a bo nivel
Nesta primeira xornada da Cópa Federación o Garaysa Xiria recibía ao Bm Lavadores na mañá do domingo. O partido antollábase desigualado despois do visto durante a liga, onde o cadro…

Nesta primeira xornada da Cópa Federación o Garaysa Xiria recibía ao Bm Lavadores na mañá do domingo. O partido antollábase desigualado despois do visto durante a liga, onde o cadro vigués acabou último e os carballeses segundos. E así; o conxunto carballés saía ao partido coas ideas claras, bo papel nas tarefas defensivas e con ganas de resolver canto antes. Ao descanso, xa gañaban por 13 goles; e durante a segunda metade chegaría a crecer a diferenza ata os 29 goles; cun resultado final de 43 a 14.
A seguinte xornada, o Garaysa Xiria, viaxa ata Pontevedra, para enfrontarse ao Teucro, un rival directo, na loita pola Copa.
Incidencias: Partido disputado no pavillón Carballo Calero ante un centear de seareiros de ambos os conxuntos. Colexiado: Xullo Villanueva Pérez do colexio galego. Excluíu a Mario Cancela (49´) por parte do Garaysa Xiria; mentres que polos visitantes foi excluído Rodrigo Pérez (30´). 7 metros: Garaysa Xiria 3/3 Bm Lavadores 1/2
Marcador cada 5 minutos: 4-0, 7-2, 11-3, 16-5, 21-8, descanso, 25-8, 28-10, 34-11, 39-12, 43-14.
GARAYSA XIRIA 43 ( 21 + 22 ): Pedro Pena [p], Aarón Rodríguez (4), Carlos Varela (3), Mario Cancela (5), Daniel Mallo (9), Fernando Mallo (6), Juan Pereira (1), Diego Antelo (2), Julián García (4), Javier Rodríguez, Antonio Calvelo (6), Pablo Esmoris (3).
BM LAVADORES 14 ( 8 + 6 ): Antón Sabín, Molares García (1), Pablo Gómez, Daniel Rodrigo Pérez (2), Manuel Andrés Madrid, Hugo Rodríguez, Andrés González (1), Anxo Carreira (3), Pablo Fernández (3), Pablo Lora (2), Alberto Covelo, Óscar Galego, Juan David Camacho (2), Mario Martínez.


