Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Alevín masculino

O Xiria B, cuarto clasificado da provincia en BM 7

No día de onte, o Xiria B disputou a fase final de BM 7 alevín que levou a cabo en Abegondo. No primeiro encontro, os carballeses caeron por 6-2 ante…

No día de onte, o Xiria B disputou a fase final de BM 7 alevín que levou a cabo en Abegondo. No primeiro encontro, os carballeses caeron por 6-2 ante un dos anfitrións, o Abegondo Casa Torreiro, que ao cabo conseguirían o primeiro posto. A superioridade física dos locais foi determinante e é que un ano máis nestas categorías, adoitan vir acompañado de factores moi desequilibrantes nun deporte tan físico como o balonmán, onde a forza ten gran transcendencia. Aínda así, no primeiro cuarto, os De Xiria sobrepuxéronse a un inicio irresistible do seu rival e conseguiron mandar no tramo final para acabar cedendo o cuarto por un axustado 5-7. Nos seguintes dous cuartos, os verdinegros atoparon moitas dificultades no ataque, atopando moitos problemas ante a antropometría do seu rival, que deixaba escasos espazos efectivos cara á súa portería. Foi no último e definitivo tempo cando o Xiria B conseguiu impoñerse por un 3-7 ante a ausencia dos dous xogadores máis físicos dos de Abegondo, feito que propiciou que as diferenzas se igualasen e onde os de Carballo puideron despregar o seu mellor xogo de desmarque e ser máis efectivos nas accións defensivas 1×1. No terceiro e cuarto posto, fronte ao Culleredo Almeiras, os factores que terminaron por decidir o partido foron similares, aínda que no último período, cando o Xiria tiña o partido na súa man a falta de tres minutos, catro perdas de balón consecutivas propiciaron un parcial de 0-4 que decantaba o marcador para os de Coruña por un resultado de 5-3 neste cuarto e un 6-2 no total do encontro.

En definitiva, boa experiencia dun equipo onde a maior parte de xogadores son de primeiro ano e que demostrou unha gran regularidade ao longo desta liga 2016/17.

Abegondo Casa Torreiro: 6 – Xiria B: 2

1º Tempo: 7-5

2º Tempo: 3-0

3º Tempo: 9-1

4º Tempo: 3-7

Polo Xiria B xogaron: Alberto Rodríguez (1), Hugo García (1), Samuel Regueira (1), Nicolás García, Pablo Veiga (5), Xuxo Fraga (3), Lucas Amado, Angel Villar, Álvaro Vila, Marcos Amarelle (1), Mateo Pallas (p).

Culleredo Almeiras: 6 – Xiria B: 2

1º Tempo: 5-4

2º Tempo: 4-6

3º Tempo: 3-2

4º Tempo: 5-3

Polo Xiria B xogaron: Alberto Rodríguez (4), Hugo García, Samuel Regueira (3), Nicolás García, Pablo Veiga (7), Xuxo Fraga (1), Lucas Amado, Angel Villar, Álvaro Vila, Marcos Amarelle, Mateo Pallas (p).

Fotos do encontro:

IMG_20170326_120757

IMG_20170326_141442

IMG_20170326_141107

IMG_20170326_141129

Máis sobre isto